Friday 26 de April de 2024

Alternativa celebra o sábado unha concentración para esixir a regularización da granxa de Lañas


Alternativa dos Veciños de Arteixo convoca unha concentración para este sábado día 6 de agosto, para esixirlle ao Concello e á Xunta, que se obrigue ao propietario da granxa porcina que se sitúa no lugar das Arcas en Lañas, a corrixir as numerosas irregularidades que presentan as instalacións

Alternativa dos Veciños de Arteixo convoca unha concentración para mañá sábado día 6 de agosto, para esixirlle ao Concello e a Xunta, que se obrigue ao propietario da granxa porcina que se sitúa no lugar das Arcas en Lañas, a corrixir as numerosas irregularidades que presentan as instalacións. A concentración levarase a cabo cortando a estrada autonómica AC-552, á altura de Talleres Canchas (Renault de Lañas).

Alternativa dos Veciños e a veciñanza afectada levan meses loitando para que o propietario da granxa regularice a explotación, xa que teñen os animais nunhas condicións pésimas e tamén incumpren as normativas ambientais e de seguridade.